Museos

Visitando os museos dos arredores poderá coñecer un pouco máis as costumes e xentes da zona.
Casa-Museo Valle-Inclán
A Casa Museo Ramón María del Valle-Inclán, atópase na casa natal deste escritor en Vilanova de Arousa, chamada "casa do cuadrante". Conta cunha colección de primeiras edicións das obras do autor, e nas súas dúas plantas e nos seus xardíns atoparemos o mobiliario da época do escritor e unha exposición permanente.
Casa-Museo Irmáns Camba
A Casa-Museo de Xulio e Francisco Camba atópase na casa natal onde ambos naceron en Vilanova de Arousa. Na mesma existe un importante fondo bibliográfico sobre as obras de ambos irmáns, artigos e fotografías, así como unha biblioteca e unha sala de lectura.

Casa-Museo Ramón Cabanillas
A casa natal de Ramón Cabanillas é unha pequena edificación mariñeira situada no barrio de Fefiñáns, Cambados, rehabilitada e transformada en Casa-Museo na década dos 90.

Centro de interpretación da conserva
Situado nas instalacións da Fábrica de Conservas Goday na Illa de Arousa, primeira fábrica de conservas de Galicia, ten por finalidade divulgar as actividades do mar e da pesca, e a recuperación da historia dos que traballaron na factoría
Museo etnográfico e do viño
O Museo Etnográfico e do Viño é o primeiro Museo do Viño de Galicia e un dos primeiros de España. A través de varias salas podemos visitar as distintas etapas históricas e da elaboración do viño.



Museo das rutas do viño - Pazo Torrado
El Museo das "Rutas do Viño" está situado no denominado Pazo Torrado, unha antiga edificación tradicional de Galicia. Nel as novas tecnoloxías axudan a mostrar o mundo do viño non só dende o punto de vista histórico, senón tamén como itinerario e como ruta.
Museo molino de mareas – A Seca
O Muíño de mareas da Seca atópase situado na parroquia cambadesa de San Mamede de Corbillón entre as puntas de Tragove e Fefiñáns. Sobre esta enseada instalouse unha presa duns 50 metros de largo na que as mareas son aproveitadas para facer funcionar as catro moas coas que contaba.
Museo do ferrocarril
A vilagarcián vila de Carril, converteuse en 1873 na terminal do primeiro camiño de ferro de Galicia, a liña Cornes-O Carril. Nese primeiro apeadeiro levántase hoxe en día o museo do ferrocarril.



HOTEL LEAL - La Sirena : Praia das Sinas, 6 - 36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra)
Tel: 986 554 112 • Fax: 986 554 594 • info@hotel-leal.com
Aviso LegalPolítica de Privacidade
Diseño & desarrollo NOVOSmedios